sábado, 19 de marzo de 2011

A primavera xa está aquí

Ás mesmas portas temos a primavera. E aínda que levo uns días sen ir pola comarca da Fonsagrada, un pode ter a sorte que desde a mesma fiestra da súa casa pode observar como as hormonas xa comezan a actuar. E é que na cidade de Lugo existe alomenos unha parexa de falcóns peregrinos Falco peregrinus que xa o ano pasado criaron nun macetón dunha fiestra nun alto edificio da cidade.


Falcón peregrino Falco peregrinus nalgún lugar da cidade de Lugo.

Nos alegramos ver que polo que indican estas fotografías realizadas o pasado 6 de marzo, este ano parecen volver a querer criar no mesmo lugar, e trala cópula como premio uns botan un cigarro e neste caso o macho deixalle un pequeno paseriforme á femia. Parece que isto cansa así que que aproveite.

Falcón peregrino Falco peregrinus nalgún lugar da cidade de Lugo.

Se temos en conta o control que estas rapaces fan das poboacións de outras aves como poden ser os estorniños negros Sturnus unicolor, que tantos quebradeiros de cabezan dan ao concello de Lugo, ao mellor o aumento destas aves na cidade de Lugo podería ser o mellor e máis sinxelo método de control posible e sustituir outros máis costosos que se levan a cabo.

7 comentarios:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Interesante documento, Germán. Noutras cidades de Galicia tamén andan os falcóns coa cabeza posta na reprodución.

Por certo: viche xa lepidópteros na Fonsagrada?

Un saúdo, desta volta vía intenet,
Damián

Germán Torres dijo...

Afirmativo. Xa está cheo de limoneras, tamén comezan a verse Inachis io, Polygonia c-album, ...
un saúdo. Germán

Llamparego dijo...

A pesar del viñeteo de las fotos, extraordinario documento. Enhorabuena y un saludo.

Germán Torres dijo...

Muy observador. Lo del viñeteo se debe a las prisas y a colocar rápidamente mi adaptador casero de digiscoping al telescopio. Por eso no encajo bien hasta el fondo. Llevaba un tiempo sin usarlo.
Un saludo. Germán.

PÍO dijo...

Son unha pasada Germán, noraboa.

Germán Torres dijo...

Bueno, Pío, non te pases. Seguro que ti coñeces algunha localización para facer algunhas mellores. Un saúdo. Germán.

Unknown dijo...

Casinos in Malta - Filmfile Europe
Find the best Casinos in Malta including gri-go.com bonuses, https://septcasino.com/review/merit-casino/ games, games and 출장안마 the history of 토토 사이트 games. herzamanindir.com/ We cover all the main reasons to visit Casinos in