O sapiño comadrón Alytes
obstetricans é unha especie que todavía non tiven ocasión de
observar na comarca, se ven as últimas citas que teño son do 2009,
o estado actual desta especié é para min un misterio. Quedámonos
entón con esta fotografía daquelas datas preto de Naraxa (A
Fonsagrada).
Outro caso ben distinto é o do sapo
corriqueiro Epidalea (Bufo) calamita, este mesmo ano observei
postas de esta especie, e outras citas máis pola comarca.
Tamén seguimos observando as postas e
adultos de ra vermella Rana temporaria nos lugares de costume o que
nos permiten facerlle unhas boas fotografías a esta especie.
E ademáis, xa para rematar, seguen observandose
exemplares de serpes riscadas Rhinechis scalaris en lugares
habituais como é a zona da Virxe da Veiga (Negueira de Muñíz). A
pena é que sempre se observan atropeladas na estrada, como a serpe
da seguinte fotografía, aínda que non se note moito. Esta claro que
así non escapan da cámara.