lunes, 8 de febrero de 2016

Aportacións ó coñecemento da flora da comarca de Ancares II

Segumos ca xeira de entradas sobre flora:

-Potentilla reptans. Varios exemplares en floración na zona de A Cruz da Horta (Becerreá) nunha zona de calcarias o 9 de abril de 2014.
Potentilla reptans por Becerreá.

-Potentilla montana. Tamén varios exemplares en floración na zona de A Cruz da Horta (Becerreá) na mesma zona de calcarias o 9 de abril de 2014.
Potentilla montana por Becerreá.

-Anthyllis vulneraria subsp. alpestris. Bastantes exemplares nas calcarias da zona nas que atopamos as dúas floracións coñecidas (rosa e amarela), como os exemplares de flor amarela atopados o 16 de maio de 2014 por A Cruz da Horta (Becerreá), os atopados de cor rosa por O Taro Branco (Folgoso do Courel) o 29 de maio de 2014 ou os atopados de cor rosa o 30 de maio de 2014 por o Alto da Forcadura e Vilaesteva (Becerreá).
Anthyllis vulneraria subsp. alpestris de flor amarela por Becerreá.
Anthyllis vulneraria subsp. alpestris de flor rosa por Becerreá.

-Daphne laureola. Coñecida como trovisco macho, esta especie velenosa atopámola en floración en varias zonas de calcarias como os exemplares observados o 15 de marzo de 2014 preto do lugar de Vale (Baralla) nunha zona húmida preto dun regato ou como os exemplares observados o 17 de marzo de 2014 tamén en floración acompañando ás aciñeiras preto de Cruzul (Becerreá).
Daphne laureola por Baralla.

-Geranium sanguineum. Bastantes exemplares en floración nas calcarias o 16 de maio de 2014 por A Cruz da Horta (Becerreá).
Geranium sanguineum por Becerreá.

-Erodium glandulosum. Bastantes exemplares en floración o 9 de maio de 2014 nas calcarias de O Taro Branco (Folgoso de Courel).
Erodium glandulosum por Folgoso de Courel.

-Prunella vulgaris. Coñecida como herba das feridas ou do ferro atopámola en floración en varios lugares da comarca como os exemplares observados o 19 de xullo de 2014 por Os Cabaniños (Cervantes).
Prunella vulgaris por Cervantes.

-Plantago media. Uns 10 exemplares en floración nunha zona de calcarias o 07 de xuño de 2015 preto de Chan de Pena (Pedrafita do Cebreiro).
Plantago media por Pedrafita do Cebreiro.

-Anarrhinum bellidifolium. Varios exemplares en floración o 20 de maio de 2014 nas gabias da estrada entre Morcelle e A Cruz da Horta (Becerreá).
Anarrhinum bellidifolium por Becerreá.

-Antirrhinum meonanthum. Varios exemplares en floración nas calcarias de Cruzul (Becerreá) o 28 de abril 2015.
Antirrhinum meonanthum por Becerreá.

-Linaria supina. Varios exemplares en floración sobre calcarias por Cadoalla (Becerreá) o 13 de maio de 2015.
Linaria supina por Becerreá.

-Erinus alpinus. Abondosos exemplares en floración sobre calcarias por A Cruz da Horta (Becerreá) o 16 de maio de 2015 e polo Taro Branco(Folgoso de Courel) o 29 de maio de 2014.
Erinus alpinus por Becerreá.

-Rhinanthus minor. Abondosos exemplares en floración en diferentes localizacións como os observados o 10 de xuño de 2014 preto de Vilaesteva (Baralla).
Rhinanthus minor por Baralla.

No hay comentarios: