viernes, 9 de febrero de 2018

Sacando bolboretas do caixón

Nestes días fríos, nos que a neve domina a paisaxe, imos rescatar do caixón un lote de citas de bolboretas que viñan agardando unha ocasión como esta para ver a luz.

Comezamos esta entrada por dúas interesantes bolboretas que conseguimos observar e moi pretiño unha da outra. Trátase da Bolboreta Apolo Parnassius apolo e do Gran Pavón Nocturno Saturnia pyri.

Da primeira, Parnassius apolo, xa tiñamos coñecemento de que estaba citada na serra de Ancares, pero non foi ata o 15/07/2017 cando por fin conseguimos observar e fotografar polo menos 3 exemplares na Golada de Boca de Campo (Cervantes).
Parnassius apolo na Golada de Boca de Campo (Cervantes).

Da segunda, Saturnia pyri, a verdade e que non tiña moita información, polo que foi unha sorte pode ver, o mesmo día e practicamente no mesmo sitio, como por un carreiro andaba unha curiosa eiruga que resultou ser un probable cuarto estadío desta especie que pasa por ser a bolboreta máis grande de Europa.
Saturnia pyri na Golada de Boca de Campo (Cervantes).

Outras citas de bolboretas que tamén tiñamos no caixón son as seguintes:

-Erebia palarica. Polo menos 2 ex. o 27/07/2016 polo lugar de Chao dos Bois (Pedrafita do Cebreiro) na pista pista forestal que atravesa un faial.
Erebia palarica en Chao dos Bois (Pedrafita do Cebreiro).

- Argynnis paphia. Un ex. o 25/07/2016 na Serra de Barreiro, preto de Asar (Navia de Suarna).
Argynnis paphia na Serra de Barreiro, preto de Asar (Navia de Suarna).

- Lampides pirithous. Polo menos 6 ex. o 25/07/2016 na Serra de Barreiro, preto de Asar (Navia de Suarna).
Lampides pirithous na Serra de Barreiro, preto de Asar (Navia de Suarna).

- Lycaena alciphron. Polo menos 6 ex. o 25/07/2016 na Serra de Barreiro, preto de Asar (Navia de Suarna).
Lycaena alciphron na Serra de Barreiro, preto de Asar (Navia de Suarna).

- Polyommatus icarus. Polo menos 6 ex. o 27/08/2016 por O Chao de Corros (Cervantes) e outros tantos o 01/09/2016 entre Guilfrei e As Bouzas (Becerreá).
Polyommatus icarus entre Guilfrei e As Bouzas (Becerreá).

- Limenitis reducta. 2 ex. o 04/06/2017 nun ameneiro Alnus glutinosa á beira do río Navia por A Ponte da Muria (Navia de Suarna).
Limenitis reducta por A Ponte da Muria (Navia de Suarna).

- Argynnis aglaja. Máis de 10 ex. O 22/06/2017 por A Golada (Pedrafita do Cebreiro).
Argynnis aglaja por A Golada (Pedrafita do Cebreiro).

- Lycaena virgaureae. 2 ex. O 21/07/2017 en Riocereixa de Abaixo (Pedrafita do Cebreiro).
Lycaena virgaureae. 2 ex. O 21/07/2017 en Riocereixa de Abaixo (Pedrafita do Cebreiro).

- Kanetisa circe. 2 ex. o 06/09/2017 entre Carriz e Pilliceira (Navia de Suarna).
Kanetisa circe entre Carriz e Pilliceira (Navia de Suarna).

- Lampides boeticus. Tamén 2 ex. o 06/09/2017 entre Carriz e Pilliceira (Navia de Suarna).
Lampides boeticus entre Carriz e Pilliceira (Navia de Suarna).
Publicar un comentario